miércoles, 21 de mayo de 2008

A miña infancia

Chámome kecha e nacín en Camariñas , na rúa Calvario .
Acórdame cando ía á escola con 6 anos e aprendín a palillar : Saíamos ás cinco da escola e íamos para a palillada ata as 8 todos os días . Esta palillada era da sección femenina , nos daban todo gratis pero a cambio quedaban co encaixe e levábano para Coruña .
A palillada estaba situada onde hoxe se encontra o bar San Remo , e despois fomos para unha das casas baratas a palillar onde hoxe está a biblioteca municipal . Unha vez que terminei a escola tamén terminei a palillada e non volvín palillar mais ata os 50 anos que volvín .
Acordo a miña avoa Flora palillar e miñas tías África , Flora e máis Iberia tamén palillan . África palillaba , xa non está entre nós.
O encaixe non tiña moita balia e dicidín emigrar a Suiza e gañaba catro mil pesetas ao mes , que palillando non as gañabas no ano . Esto no ano 66 , nos anos 70 vinme e puxen un negocio de hostelería .

No hay comentarios: