viernes, 30 de mayo de 2008

O encaixe hoxe en dia

Temos que buscar a forma de vender encaixe e creo que a mellor solución e por interner .Outra sería falar co xefe de zara para que poña puntillas nas suas roupas faceriamos un precio asequible que gañaríamos nós e tamén él .O encaixeo hoxe en dia non ten moita salida por que moita xente sabe palillar .Eu fixeime na feira e a xente compraba máis picados que encaixe e despois non o compran que o fan .

miércoles, 28 de mayo de 2008

Mostra do encaixe

A mostra do encaixe foi ua boa idea e doulle moito auxe o encaixe e tamén moita vida o pobo , que ven moita xente e os restaurantes teñen que facer dous ou tres turnos para as comidas e os hostais ao completo .Os catro días que dura traballa toda a xuventude . Eu vou todos os anos e este ano gustoume moito que había moita amplitude sobre todo no desfile que aproveitaron as gradas , foi unha boa idea dos organizadores e dámoslle un notable . Tamén me gustou moito os desfiles , había marabillas . Os xoves diseñadores vaya ideas para poñer encaixe nas roupas , eu copiei unha gargantilla preciosa que lle fixen para miña filla Adriana pero eu lle puxen os abalorios de cristal de esbaroski , xa poñerei a foto por si alguén a quer copiar .

viernes, 23 de mayo de 2008

As palilladas

Eu nunca fun ás palilladas de noite porque emigrei pero me contaron que o pasaban moi ben pero tiñan que facer a tarea sinon tiñan castigo .

miércoles, 21 de mayo de 2008

A miña infancia

Chámome kecha e nacín en Camariñas , na rúa Calvario .
Acórdame cando ía á escola con 6 anos e aprendín a palillar : Saíamos ás cinco da escola e íamos para a palillada ata as 8 todos os días . Esta palillada era da sección femenina , nos daban todo gratis pero a cambio quedaban co encaixe e levábano para Coruña .
A palillada estaba situada onde hoxe se encontra o bar San Remo , e despois fomos para unha das casas baratas a palillar onde hoxe está a biblioteca municipal . Unha vez que terminei a escola tamén terminei a palillada e non volvín palillar mais ata os 50 anos que volvín .
Acordo a miña avoa Flora palillar e miñas tías África , Flora e máis Iberia tamén palillan . África palillaba , xa non está entre nós.
O encaixe non tiña moita balia e dicidín emigrar a Suiza e gañaba catro mil pesetas ao mes , que palillando non as gañabas no ano . Esto no ano 66 , nos anos 70 vinme e puxen un negocio de hostelería .